Actualizado en data 20/01/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Cova dos Mouros de Ermelo

Na Cova dos Mouros da parroquia de Ermelo, en Bueu (Pontevedra), unha vez entrou un home e xa non saíu.
A entrada era un burato pequeno no medio dunha montaña de pedras polo que había que entrar a rastras.
Un día meteuse outro home e dixo que todo era costa abaixo, e que as paredes estaban escritas, e que ao chegar á metade da cova aparecéuselle un mouro vestido de negro con moitos esqueletos arredor.
O home recuou e botou a corrrer cara fóra, e desque saíu viu unha luz amarela entrar na cova e levar ao mouro cara o ceo.

[Segundo as versión recollidas en 1993 polos alumnos Salvador Costas Vilas e Fernando Argibay Juncal, do colexio Público de Bueu e publicadas na revista escolar “O Candil”, nº 15, decembro de 1997]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: