Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Fonte do Santo de Castro Valente

No monte do castro Valente, parroquia de Barcala, concello d'A Estrada (Pontevedra), hai unha fonte coñecida polo nome de a Fonte do Santo.
A fonte ten unha pía grande onde cae a auga e unha vez un veciño foi e roubouna, e púxoa no curral da casa para darlle de comer aos seus porcos.
Nunca tal fixera; de alí a uns días morréronlle todos. E, xa ora, devolveu a pía ao seu lugar.
A imaxe de San Xoán que está na capela de Caeiro veu desta fonte. Encontrárona alí cando fuxía cara ao monte pero collérono, quitáronlle os zapatos e xa non escapou máis.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: