Actualizado en data 20/01/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Cando os nenos morren sen bautizar

VERSIÓN 1: Pai e padriño
Deixaba a rapaza encinta e, mentres que el estuvo no servicio, a rapaza deu a luz e trouguera dous nenos. Eran gemelos e morreron entrambos, e fóronos enterrar a xunta unha cruz. E el antes de marchar po servicio, sin que a rapaza se dese cuenta, bautizou as criaturas no vientre, por riba..., eso. Bueno, claro, el desque veu pasaba por xunta a cruz aquela e sentía unhas voces que decía...; un dicíalle, dicíalles:
—Adiós, padre y padrino.
E o outro contestáballe:
—Ai, non che é teu, que é meu.
Bueno, pasou e vai el e dícello ó cura, dícello ó cura porqueoía aquela voz cada vez que pasaba por cabo daquela cruz. Entón que lle dixera o cura:
—Bueno, pois cando volvas a pasar e che volvan a dicir, dilles que es dos dous.
E así pasou. Entón el, o día que volveu a psar por alí, volve a sentir a misma voz e decir:
—Adiós, padre y padrino.
E dicíalle o outro:
—Ai, non che é teu, que che é meu.
Entón dixo el:
—Soy de los dos.
E despois, adiós; que nunca máis volvera a oír tal cousa.

VERSIÓN 2: A madriña
A cruz de Morás está situada no Fondón, no comezo da pista que vai ó que hoxe chaman Barreiro, na Aldea de Arriba, mandada construír por don Andrés Lema Benavides, cura que foi da parroquia de Morás, Xove (Lugo), e enterrado no pórtico da igrexa a petición propia para ser pisado polos fregueses en penitencia polos pecados cometidos.
Onde se atopa hoxe a cruz enterraban ós nenos que morrían sen bautizar e contan que, nunha ocasión, enterraron alí dúas nenas xemelgas e algún tempo despois pasou por alí unha muller que había ser a madriña dunha delas. A muller escoitou, abraiada, unhas palabras que subían da terra.
—Adeus, madriña.
Aínda non crera o que escoitaba cando volveu oír:
—Non é a túa madriña; é a miña madriña.
A muller foi ver o cura da parroquia que lle dixo o que tiña que facer. Outro día que pasou por alí volveu escoitar:
—Adeus, madriña.
E de novo:
—Non é a túa que é a miña.
—Sodes as dúas —dixo a muller por recomendación do crego.
E nunca máis volveu escoitalas.

VERSIÓN 3:A cruz de Pedride
A cruz de Pedride está na parroquia de Rigueira, concello de Xove (Lugo). Alí había un can moi grande e negro, cun Z debuxado no lado esquerdo. Ninguén sabía de onde viñera aínda que se asegura que o can comezou a aparecer desde que enterraran alí un anxo, un neno sen bautizar.
Unha das formas que adoitan as ánimas para aparecerse ós vivos é a figura de can.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: