Actualizado en data 20/01/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O rito de rillar o cravo na igrexa de Santa Olaia de Lubre

A igrexa de Santa Olaia de Lubre está na parroquia do mesmo nome, concello de Ares (A Coruña); é obra de finais do S. XV ou comezos do XVI.
Ten categoría de igrexa-refuxio e faise alí e nos arredores a festa principal da parroquia en honor á Virxe da Ascensión o 15 de agosto.
Pero o máis importante que sucede naquela paraxe (o topónimo Lubre fai referencia a un antigo bosque xa desaparecido) é un rito de rillar o cravo. Cóntase como se fose pasado aínda que hai que asegura que se sigue facendo agora.
En que consiste o rito? Pois que se precisas pedir pola saúde dun animal ou dunha persoa tes que ir de noite á igrexa de Lubre e, caladiñamente, dar voltas arredor da igrexa, e a cada volta tes que rillar nun cravo da porta principal. As voltas han ser impares: tres, cinco, sete...; nove, seguramente, é o número axeitado.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: