Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O cabalo de Santiago na Pena da Santa

Preto de Trives (Ourense), na parroquia de San Xoán de Barrio, aínda quedan os restos da que foi ermida de San Amaro e na que se celebraba en xaneiro unha romaxe de moita sona.
Dende esa ermida baixaba un camiño que, despois, por unha ponte conlgante atravesaba o río Navea para seguir ata a parroquia de San Miguel de Navea. Pasado o río, na marxe esquerda, atópase a Pena da Santa e nela pódense ver as pegadas das ferraduras dun cabalo.
Din que foi o cabalo de Santiago, que saltou desde o alto de San Amaro ata a outra beira, deixando alí na Pena da Santa as súas pegadas.

(Texto remitido por Pablo Pérez Fernández, de Vilanova de Trives, segundo versión dos veciños de Barrio e de Navea. Xullo de 2009)


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: