Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Ritos arredor da Semana Santa en Suegos

Baixo pena de celestiais desgrazas, na parroquia de Suegos, O Vicedo (Lugo), desde o comezo do Xoves Santo ata as dez da mañá do Sábado Santo non se pode facer nada: nin cocer o pan, nin fiar una agulla, nin lavar a roupa, nin pasar o ferro. Realizar calquera tipo de tarefa inflúe, por exemplo, nos animais: se nace unha cría despois de facer un labor, pode saír tolleita; se cosen a roupa, as crías poden nacer sen cu. Tamén se ten a crenza de que nestas datas, ao golpear a roupa no lavadoiro, pégaselle á Virxe.

[Información remitida por Xabier Moure Salgado, de Pontide, Suegos, O Vicedo (Lugo), en maio de 2009. Informante: Dolores Fanego Fanego, de Pontide, Suegos (O Vicedo)]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: