Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

Santo André de Teixido











Santo André de Teixido é unha aldea ubicada na parroquia de Régoa, no municipio de Cedeira (ao este), na Serra da Capelada, pertence á comarca de Ferrol e á provincia da Coruña.
Conta a lenda que unha vez finada a creación do mundo, Deus pousou a súa man dereita sobre Galicia. Os seus cinco dedos quedarán gravados no chan e deron lugar aos cinco vales dos que brotan as augas dos cinco ríos que forman as rías galegas. Moitos séculos despois, Cristo acompañado de Pedro sentiu a curiosidade de coñecer aqueles lugares onde Deus pousara a man. Despois dun largo percorrido decidiron descansar en Teixido. Unha vez observado o lugar en busca de auga, decatáronse de que a única que había era de moi mala calidade. Tampouco había nada comestible con que calmar a súa fame. Ante a desesperación, Xesús pediu axuda a Deus. Este cedeulle a axuda e envioulles unha mazá dentro da cal se encontraba Santo André. A froita matou a súa sede e o seu apetito, deste modo o santo quedou liberado. A continuación Xesús falou con Santo André e díxolle que se quedaría neses lugares para sempre ao que o santo respondeu pedindo que non o abandonasen naquel sitio onde non habia comida nin bebida. Xesús prometeulle que non lle ía faltar de nada, que gozaría de visitas continuas e que o seu nome sería coñecido por todos ao longo do tempo. Finalmente a promesa cumpriuse converténdose Santo André de Teixido nun lugar fermoso e importante para a peregrinación do cristianismo.

[Recreación de Lidia Barcia de la Iglesia. Febreiro de 2009]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: