Actualizado en data 20/01/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Milagres da Nosa Señora dos Remedios de Ourense

A Nosa Señora dos Remedios ten capela na cidade de Ourense, no antigo Campo do Desafío, ó lado da Ponte Vella e fáiselle romería o 8 de setembro. Nun dos exvotos que se conservan no interior faise memoria dun milagre acontecido mesmo enfronte do santuario.
Un home e un neno, o fillo do carreteiro, pasaban cun carro cantareiro cargado por diante da capela.
Sen que se saiba a causa os animais collen medo, botan a correr e o carro, con toda a súa carga, pasa por enriba do ventre do neno.
Acoden veciños que collen o rapaz e lévano de urxencia á casa dun médico. Mentres, o pai, que xa non confía noutro remedio, pídelle axuda á Virxe da capela.
E cando chegan co cativo xunto do médico o neno estaba ileso, sen a máis lixeira marca nin mancadura, o que se interpretou, obviamente, como prodixio da Virxe dos Remedios.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: