Actualizado en data 20/01/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

As sete virxes de Anamán

Próxima á Pena de Anamán, a mesma onde se agachaba o sonado bandoleiro Xan das Congostras, hai unha capela dedicada a Santa Ana, e un dito:
Eu hei de subir ó ceo
por unha cinta de la;
teño de levar comigo
á Señora de Anamán.
Pois preto desta capela hai unha pena cunha fendedura da que saíron sete irmás que se convertiron en virxes e residen agora naquela comarca, repartidas da seguinte maneira:
Na provinccia de Ourense quedaron catro: unha é a do Viso, en Lobeira; outra está no Xurés, en Lobios; a outra en Sobreira, parroquia de Ferreiros, O Entrimo (este lugar tamén se ten como berce das sete irmás) e a cuarta é a da Carballeira, en Queguas, O Entrimo. As tres que se foron a terras portuguesas son a de Boavista en Asiera, a Virxe da Peneda e a de Anamán que é a Santa Ana da capela que dixemos ó comezo.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: