Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

O serrón de San Xosé

San Xosé, como era carpinteiro, unha vez, canso de tirar por´o serrón, que non lle cortaba ben, púxose a descansar, e, mentres tanto, foi o demo e torceull´os dentes, unhos pra un lado e outros pr´outro. Cando San Xosé volveu coller o serrón, éste cortáballe moito mellor, y´uservou como tiñ´os dentes e, desde entonces torceullos il mismo, y´os carpinteiros posteriores fan´o todos qu´e o que lle chaman ¨lizar¨ ou ¨dar lizo¨; y ásí, o demo, querendo faguer un mal, fixoll´un ben a San Xosé, y´a todol´os carpinteiros”.

Fonte
SANTANA, Urbano; Resume xeneral de folk-lore de Sandiás, Revista Nós, xuño-setembro, 1931

[Texto remitido por Xavier Feixoo, de Sandiás (Ourense)]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: