Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

As augas de San Xoán en Culleredo

Miña avoa contoume que o día de San Xoán ela colle auga de distintas fontes que son: A fonte das Meigas, a fonte de Barrio, a Fonte de Pereiras, a de Navás, todas da parroquia de Sueiro, concello de Culleredo (A Coruña) e tamén da fonte de Pontido, esta fonte está en Carral. Despois de as ir bendicir na misa, mestúraas e tómaas durante varios días para lle pór así remedio a males extraños.

[Información recompilada polo alumno Rubén Darío Iglesias Mato do colexio Tarrío, Culleredo (A Coruña) no curso 2000-2001 ao realizar un estudo das fontes de Culleredo baixo a dirección dos profesores Francisco Arturo Pita Fernández, Esperanza Monasterio Álvarez e Aurelio Solla Monteagudo]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: