Actualizado en data 23/11/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Medicina

CATEGORÍAS RELACIONADAS

As herbas de San Xoán en Culleredo

Pola noite de San Xoán na parroquia de San Estevo de Culleredo, Culleredo (A Coruña) déixase no exterior da casa unha tina con auga na que se botan partes de vexetais con propiedades máxicas. En Culleredo cóllense as seguintes herbas: herba luísa, santa maría, espadana, ruda, castiñeiro, nogueira, romeu, nai de tódalas herbas, que reciben o orballo purificador desa máxica noite. Pola mañá tense que lavar a cara con esta auga que posúe propiedades milagreiras.
Xa Rosalía de Castro fala desa tradición nun poema: Vinte unha crara noite / noitiña de San Xoán / poñendo as frescas herbas / na fonte a serenar.

[Información recompilada polos alumnos do colexio Tarrío, Culleredo (A Coruña) no curso 2000-2001 ao realizar un estudo das fontes de Culleredo baixo a dirección dos profesores Francisco Arturo Pita Fernández, Esperanza Monasterio Álvarez e Aurelio Solla Monteagudo]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Non só en Cullerede, na Costa da Morte, as nosas avoas recollen e preparan as herbas para que ao día seguinte nos lavemos. Pasa así tódolos San Xoáns

Enviado por Marti o 20/06/2009 ás 11:29:26


Hoxe é o día. De pequena saía cos meus avós a recoller as herbas de San Xoan para deixalas na horta metidas nunha tina de latón. Pola mañá lavabamos a cara coa auga.

O último San Xoan que pasei en Cangas (haberá 4-5 anos) vin que a xente vendía feixes de herbas de San Xoan xa preparados no mercado.

Enviado por Susana o 23/06/2009 ás 20:51:05


Enviar comentario a este artigo: