Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Medicina

CATEGORÍAS RELACIONADAS

As sete fontes de Rutis

A auga das sete fontes de Rutis, parroquia de Vilaboa, concello de Culleredo (A Coruña) era boa para curar doenzas como reuma, posturas, dores de estómago e outros males menores. Para que fixese efecto había que coller nun botixo, xerra ou pota, auga das sete fontes da aldea por esta orde: Foxo, Galán, Castro, Cáchara, Tatari, Folla e Laxe.
Esta auga, mesturada en partes iguais nunha cunca, había que bebela pola noite antes de se deitar e outra vez pola mañá, ó se erguer, durante sete días seguidos.
Se as cousas se facían ben, ós sete días a persoa estaba sá. De non ser así, a enfermidade era maior e o tratamento era cuestión do menciñeiro ou curandeiro.

[Información recompilada polos alumnos do colexio Tarrío, Culleredo (A Coruña) no curso 2000-2001 ao realizar un estudo das fontes de Culleredo baixo a dirección dos profesores Francisco Arturo Pita Fernández, Esperanza Monasterio Álvarez e Aurelio Solla Monteagudo. A información débese a un veciño do lugar de Rutis, Baltasar Carbón, que faleceu no 2004 á idade de ¡case! cen anos]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: