Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A fonte da Virxe de Preguecido cura o enganido

Esta fonte, localizada no entorno do castro de Preguecido, parroquia de Santa María de Aguións, A Estrada (Pontevedra), chámase así pois cren alí que nace xusto debaixo do altar da igrexa onde está exposta a imaxe da Virxe.
Estas augas usábanse, e ao mellor aínda se usan, para quitarlles o enganido aos nenos. Unha persoa maior levaba o neno ata fonte por un camiño, alí lavábao con aquela auga e logo regresaba por un camiño distinto coa condición de non tropezar con ninguén.
O día da Ascensión enchíanse nesta fonte botellas de auga coa que despois se bendicían as casas e os froitos sementados: trigo, millo, centeo, horta ...

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: