Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

nº 11 (2015).-BLANCO PRADO, J. Manuel: O Santuario do Cebreiro. Etnorituais e ofrendas

© J. Manuel Blanco Prado

Artigo publicado orixinalmente en Croa, 2015, nº 25

_____

O fenómeno relixioso popular tenta dar solución a necesidades non satisfeitas polo sistema relixioso oficial; polo tanto, fronte á linguaxe conceptual do sistema oficial, que é inintelixible para a xente sinxela, a relixiosidade popular tende de cara a outras linguaxes baseadas na sensibilidade e na imaxinación. Como produto da sensibilidade proxectámonos de cara a algo singular, concreto e tanxible, reflectido nas imaxes, e símbolos de entidades divinas. Como produto da imaxinación proliferan as narracións e lendas, que son instrumentos de transmisión oral de diferentes eventos relixiosos. Estes novos modos de percepción do sagrado están máis cercanos ao corazón que ao entendemento. En consecuencia, a relixiosidade popular aparece máis como a expresión de aqueles que senten e ven, que de aqueles que saben e coñecen. Así mesmo, este fenómeno relixioso amosa un claro compoñente pragmático en canto que se fundamenta nun mutuo intercambio de favores. (… continuar lectura)

 

BLANCO PRADO, J. Manuel: O Santuario do Cebreiro. Etnorituais e ofrendas (PDF)


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: