Actualizado en data 23/11/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

O Marco da Capela de San Marcos de Sillobre

Situado entre as parroquias de Regoela, en Cabanas, e Sillobre, en Fene, ambos concellos da provincia da Coruña. No século XIX construíuse unha capela no lugar que ocupaba un antigo marco que diferenciaba distintos coutos xurisdicionais e logo os concellos de Fene e Cabanas polo que a ermida era coñecida como "a capela do marco".
Hai motivos para pensar que a pedra tivo con anterioridade outras funcións. Na actualidade atópase inserida no muro posterior da sancristía engadida á ermida a mediados do século XX.
Ata o 1944, xunto á capela celebrábase unha feira anual o día 25 de abril, data da celebración de San Marcos, con orixe uns cen anos antes, onde as xentes levaban o gando (vacas, ovellas, porcos, cabras, cabalos.) para preservalo dos males e para que tivesen descendencia, cumprindo co ritual de dar sete voltas arredor da capela para logo levalos a beber auga á coñecida como Fonte do Santo que mana non moi lonxe, despois de cruzar o río Belelle, onde segundo a tradición apareceu unha imaxe do San Marcos no ano 1817 ao arar a terra.
Mais, ao parecer, o ritual que a partires do século XIX se facía arredor da ermida xa se practicaba con anterioridade, dando as sete voltas arredor do marco que dende tempo inmemorial se chantaba no lugar. Estariamos, unha vez mais, ante un lugar pagán cristianizado, mudando o nome de O Marco, polo que sería coñecido, polo de San Marcos.

[Texto e fotografía de Xabier Moure Salgado. Maio de 2014]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Estivemos toda unha tarde buscando o marco e non fomos capaces de atopalo. E mira ti onde estaba o condenado!

Enviado por Isabel o 13/05/2014 ás 10:34:31


Enviar comentario a este artigo: