Actualizado en data 23/11/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Medicina

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Visión dos templarios en San Miguel de Breamo

A igrexa románica de San Miguel de Breamo está ubicada a 300 metros de altitude sobre a vila de Pontedeume (A Coruña). Vencellada, a partir do 1371, á liñaxe dos Andrade, unha lenda sitúa no século XIV unha batalla entre estes e os templarios.
Dise que o rosetón que adorna a fachada principal do templo ten once puntas porque once eran os cabaleiros do Temple que, pola perda de fe dun Mestre, foron destinados a custodiala. Unha noite de Nadal do ano 1124, estando os once templarios vixiando a igrexa, o rosetón pasou, de súpeto, de once a doce puntas. Nese intre, os cabaleiros, desconcertados, viron un meniño que durmía dentro da igrexa. E alí permaneceu toda a noite, ata a alba, instante que o rosetón volveu á forma orixinal de once puntas e o neno desapareceu.
Disque isto poden ver os que na Noite de Nadal se achegan ata a igrexa de Breamo, de concorrida romaría os días 8 de maio e 29 de setembro na que os romeiros, para escorrentar as meigas, dan tres (ou sete) voltas arredor do templo.

[Información achegada por Xabier Moure Salgado, en abril de 2013]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: