Actualizado en data 23/11/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A fonte de Santa Mariña de Xerdiz

Nun prado xunto ao río Landro, xusto cando torce fronte a Grandal, na parroquia de Xerdiz e entrando na parroquia de Miñotos, no concello de Ourol (Lugo) facíase unha romería na ermida desta santa. Había unha fonte que se lavabas as verrugas e dicías unhas avemarías e un painoso desaparecían.
Broma ou non, cando eramos cativas, a miña irmá tiña unhas moi feas nas mans e fóronselle como por ensalmo.

Nota da informante:
Cheguei á casa dos meus tíos en Vilares en 1961, procedente de Cuba. A miña tía era unha verdadeira xoia como informante antropolóxica; sabía unha chea de historias, lendas, etc. Eu tiña 15 anos e como sempre me interesei pola antropoloxía parecíame un mundo fascinante, aínda que o meu pai xa me contou moitas cousas na Habana, pois víame moi interesada en todo o galego. Escribirei algunhas cousas que recordo, e que me encantaría que puidesen axudar a preservar o noso legado. Por certo, unha das nosas bromas cariñosas era que cando eu facía algunha tarefa mal (cousa frecuente), sorría pillabán e dicíame: parece que ves da Habana... Eu viña de alí...

[Texto remitido por Teresa Casabella, residente en Barcelona. Marzo de 2008]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: