Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Medicina

[Doenza de cabalos e bestas] O piaño

O piaño facíase en Sampaio, concello de Samos (Lugo) ata, polo menos, mediados do século XX.
O piaño, procedemento para tirar o formigo dos pés de cabalos e bestas, consistía en levar o animal co pezuño enfermo a un prado. Mentres unha persoa terma del outra di, ao tempo que fai cortes en círculo no terreo que rodea a pata mala:
─Por que corto?
─Por piaña (di o que suxeita)
Piaña, piañón
pasa desta pata
a este torrón
.
Daquela córtase o cacho de terra coa herba que rodea a pata e ponse ao sol no teito da casa do propietario do animal ─no tellado ou no curuto dun caseto─.
Cando seca o terrón, o mal da pata cúrase; se non seca, é que non curou.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: