Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

[Poesía popular]A mula que tiña Fonte

A mula que tiña Fonte
morreu de trinta e dous anos,
morreu no medio da corte,
detrás dos mismos escanos.

O día oito de febreiro
irguiuse Manuel da cama,
foi á cuadra da mula,
e xa a atopou tirada.

Pasouse por detrás dela:
—Mula, tu que tas facendo
non sei si andas de broma,
ou si é que tás morrendo?

E a mula contestoulle
con voz moi apagada:
—Si fixeras o favor
de me deixar tar tirada.

—Voume chegar nun instante
á casa do Capador
a ver si che dá un remedio
pre que te poñas mellor.

—Si vas onda o Capador,
heiche de pedir por Dios,
que se che dá algún remedio
que non che día inyeciois,
que antes prefiro morrer,
que me furen os lacois.

Foi xunto do Capador
e díxolle estas palabras:
—Buenos días, Tiu Enrique,
xa se levantou da cama,
ten que vir á nosa casa,
témola mula tirada".

O capador foi eilí
e contestou con salero:
—A mula ta acabada;
hai que facerlle o entierro.

Xoncerémola parexa
antes co ganado coma.
xoncerémolas máis grandes,
a Castaña e a Paloma.

E logo saliu Manuel
Con voz moi antecedente:
—A mula hai que aproveitala,
hai que lles dar algo ós parientes.

E dixo o Tíu Balbino:
—Antes de dar ós parientes,
darémoslles os veciños,
que os temos eiquí no pueblo,
e son muitos meus amigos.

Marchan prá casa de Sepe
co pescozo e a cabeza
que pra reuma de Ricardo
éche unha gran fortaleza.

E Baldomero do Roxo,
como é un home formal,
darémoslle pouca cousa,
a columna vertebral.

Castizo taba na casa,
saliu pre fora nervioso:
—Eu quero o óso palomo
pra unha roldana pro pozo.

A patrona de Ciprián
pidiu a Dios con ternura:
—Eu quero as cuatro canelas
sin quitarlle as ferraduras.

Saliu a nora detrás
con moito salero e postín:
—A usté chéganlle dúas,
as outras dúas pre min.

E salui Pepe riñindo:
—Hai que vere par de disgraciadas,
non vivo máis con vosoutras
se vos dades de patadas.

Vamos algo máis pa diante,
vamos unde Casanova,
que hai que andar unha legua,
darémoslle algo da mula,
o lacón e maila lengua.

Esa Conchiña da Ermita
goberna mui ben a casa
si quereis que ben goberne
hai que deixarlle a grasa.

Vamos xunto do Capador
e darémoslle os ollos
pra que vexa e
poida cazar mellor.

E a Francisco darémoslle
parte do butelo
pra que unte a cabeza
a ver se lle volve o pelo.

Ese Francisco de Riba,
darémoslle algo da mula,
darémoslle pouca cousa
o remollo e a natura.

As mociñas de Liñares
son moi decentes e honradas,
deixarémoslle-la piel
pre que al desfagan pre bragas.

Cuando se entera o tiu Milio
de este triste suceso,
plantoúselle de rodillas,
rezoulle dez padrenuestros.

Mira tu si lle quería
e ven lle pesou por ela,
que o día dos funerales
gastou vintecuatro velas.

Os catro que a levaron,
a quen non tiña en olvido,
o Capador e o da Fonte,
Sanmartino e o tiu Milio.

Cando iban pro entierro
o Capador lamentaba:
—Unde se me van a min
cen fanegas de cebada.

Cando entraron na iglesia
xa entraron discutindo,
as cen pesetas de ofrenda,
pagaraas Sanmartino.

E dixolles Sanmartino:
—Pre min évos ben abondo,
túvenal moi pouco tempo
e a pouco máis vaime o lombo.

Contestou o capador:
—Eu non vos dou máis nada,
a min ben me chegou darlle
cen fanegas de cebada.

E por fin o Tío Balbino:
—Todos vos queixades de vicio,
o peor aínda son eu,
que me quedo sin servicio.

Eiquí termina a historia,
deste infiliz animal,
que nos entregou as frebas
pro día do Carnaval.


NOTA: Os protagonistas principais son Fonte (Manuel) e Capador (Enrique). Cítanse todas as casas de Liñares, concello de Navia de Suarna (Lugo): Fonte, Sepe, Roxo, Castizo, Ciprián, Casanova, Ermita e Capador. O Tío Milio foi a quen lle comprou a mula o Capador, que era de Lamas de Moreira e pasado un pouco tempo Manuel, ou sexa, Fonte, mercoulle a mula aos do Capador.

[Versión achegada por Ana Fernández Ramos, de Liñares, concello de Navia de Suarna (Lugo)]
Compárese esta versión con estoutra do


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: