Actualizado en data 22/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

[Conto tipo 1854*]O xastre de Fumaior e a silva

Un xastre de Fumaior que indo para a casa, nunha corredoira moi estreita, agarrárono forte e non o soltaron. Pensou que era a Santa Compaña, suplicou, chorou… pero non houbo forma de soltarse.
Agardando un final tráxico quedou esgotado e durmido, mais ao saír o sol espertou e viu que quedara preso nunha gran silva.

Nota: Este home morreu hai 5 ou 6 anos, tiña máis de 90 e coñecíamolo todos como Manolo, o sastre.
[Conto remitido por Esperanza Abelairas, A Fonsagrada (Lugo). Outubro de 2011]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Meu avo en Cedeira contaba este conto hai moitos anos, asi que imaxino que será unha historia popular.

Enviado por Gemma o 22/05/2019 ás 16:07:01


Ese conto formaba parte das ”historietas” de medo tipicas de tempos pasados: de mortos que non descansaban ata que se lles ofrecia unha misa, de fantasmas, de animas do purgatorio, etc. Incluso o gran Castelao escribiu un conto maravilloso sobre un afortunado cadaver que conservaba a vista con un ollo de cristal.

Enviado por Pepe Buron o 10/11/2023 ás 19:48:30


Enviar comentario a este artigo: