Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

[Conto tipo 225] O raposo e a aguia

O raposo estaba a porta dun galiñeiro, sentado co seu bastón zarandeando, esperando a que saíran as galiñas para collelas. Entón veu a águila e sentouse ao lado do raposo e este díxolle:
-Ai señora águila, que milagro andar usted por aquí! Eu estou esperando a que saían esas da capoeira pa janchalas.
E a águila díxolle :
-Eu ben che sei onde hai unhas vodas de galiñas, haiche doce canastas.
-Oi, pero onde son esas vodas?
-Esas vodas son no ceu.
-Quen che me dera ir allá....
-Pois sin duda se queres lévote eu, eh?Ti sabes montar ao cabaliño?
-Monto aínda que sea no cabalo do demo.
Montou, anduberon e anduberon unha chea de tempo.E a águila díxolle:
-Que tal vas oh?
-Eu al pelo, pero o peor es ti.
- Pois eu cando me canse xa te pouso.
-Ti, tira pa diante e que non te tente o demo, non vaias a dar unha volta e me tires ao chan.
Anduberon máis un pouco e cando lle deu a gana a águila deu unha reviravolta e aí vén o raposo desde alá riba a rolos.Mirou unha cancela e dixo:
-Fuxe cancela que te fendo.
Nisto mirou un palleiro e dixo:
-Escapa palleiro que non quedas enteiro.
Grazas ao palleiro foi rodando polas pallas abaixo, ata o chan. Levantou un ollo para arriba e dixo:
Si de esta salgo y no muero no quiero más vodas al cielo.

[Conto remitido por María Saleta Gómez Hermida, de Ribadelouro, Tui (Pontevedra), recollido á súa avoa María Mercedes González Domínguez (90 anos). Abril de 2011]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: