Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

Cabalo buligán, 20: Contos prodixiosos, II

Título: Contos prodixiosos, II Editorial: Edicións Xerais de Galicia Ano de publicación: 2004. Lugar de publicación: Vigo ISBN: 84-9782-115-7 Autores: MIRANDA RUÍZ, Xosé, Reigosa, Antonio. Ilustracións: Chus FERRÍN Descripción: 80 páx; Il. en color. Colección: Cabalo buligán, 20. Contos: Cristo e San Pedro en Galicia: I. Cristo e o ferreiro. II. Os tres desexos. III. Outros tres desexos. IV. A resurrección do xato. V. A fonte no cu do lobo. VI. O ladrón transformado en asno. VII. Xan Soldado. VIII. Cristo e San Pedro na pousada. IX. O pecador resucitado. X. As tres perras chicas. XI. A devota e o blasfemo. XII. A mai de San Pedro. XIII. Por qué é calvo San Pedro. XIV. Por qué o pan de millo non espile. XV. Por què a lúa está marxada. XVI. As tres rosas, O devoto de Santo Antonio, A fuxida a Exipto, por Xosé Miranda. O vello e as lampadiñas da vida, por Antonio Reigosa. A colección Cabalo buligán reúne nos seus 20 volumes 198 contos da nosa tradición oral, son as nosas historias, a nosa cultura. Cabalo buligán convida a contar e a escoitar un conto. Poñámonos con el a salvo dos perigos da vida, transformémonos en príncipes ou princesas, en torres que acobillan aos que están en apuros, tiremos do seu ramal, coa certeza de que cando sexa necesario nos prestará a súa montura áxil para bulir lixeiros polas corredoiras da imaxinación.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: