Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

A esperanza bretona

Título: A esperanza bretona
Editorial: Sotelo Blanco
Ano de publicación: 2002.
Lugar de publicación: Santiago de Compostela.
ISBN: 84-7824-405-0.
Autores: Anxo FERNÁNDEZ OCAMPO.
Descripción: 144 páx.
PREMIO Vicente Risco de Ciencias Sociais 2002.

As traduccións da materia medieval, literarias ou filolóxicas, poden agachar proxectos ideolóxicos observables mediante a análise das manipulacións cometidas nos intersticios da intertemporalidade. Con esta busca téntase en último termo determinar a dirección do fluxo de intercambios que nutre o sistema literario galego con productos do repertorio procedente da materia bretona.
A nosa proximidade co universo bretón non dependeu tanto do grao de semellanza cultural nin do determinismo histórico ou xeográfico como da acción das institucións ó proxectarse alén do mar na busca de lexitimación. Proba dunha particular talasocracia é a conformación dun espacio atlántico cruzado por textos e personaxes que foron sendo nacionalizados a poder de querelas intelectuais.
Este ensaio enceta o mecanismo da invención do pasado literario e contribúe á descrición das relacións atlánticas segundo unha lóxica de correntes e de pretextos lexitimadores. Recórrese para iso ós Estudios Medievais e á Antropoloxía, que achega modelos de comprensión da relación pasado / exotismo, e emprégase a ferramenta descritiva da intertemporalidade tirada da nova disciplina dos Estudios de Traducción.
Axiña a Materia de Bretaña perdeu a súa significación para converterse en materia artúrica, na que se reproduciu e se xustificou a idea dunha orde universal, e que facilitou a apropiación do prototipo artúrico pola industria cultural dominante. Así xorde o paradoxo do cultivo e da traducción duns modelos que malia todo acubillan unha esperanza bretona moderna e redentora da nosa identidade.
Anxo Fernández Ocampo (París, 1968) é doutor en Traducción e profesor da Universidade de Vigo. A súa investigación encamíñase á descrición dos sistemas culturais populares, á traducción da literatura oral e á análise antropolóxica das prácticas de escritura. Fundou a Casa dos Traductores en Vilaeimil (A Pontenova, Lugo).


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: