Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

Na memoria do pobo

Título: Na memoria do pobo. Oficios, contos e cantigas.
Editorial: Sotelo Blanco
Ano de publicación: 2005.
Lugar de publicación: Santiago de Compostela.
ISBN: 84-7824-468-9
Autores: VARELA VÁZQUEZ, Mª Monserrat.
Descripción: 235 páx.
PREMIO Vicente Risco de Ciencias Sociais 2005.

Este libro ofrece un conxunto de experiencias de máis de sesenta persoas, a maioría vivas, que nos falan das súas vivencias e saberes así como dos seus sentimentos e recordos. A través deles achegámonos á cultura popular do século XX. Quéreselle dar a palabra á xente do pobo, dado que compón e forma parte da historia de Galicia, porque a historia se artella coas súas vidas. A linguaxe empregada nesta obra, agás nos comentarios da autora, é a propia destas persoas. Tratouse de trascribila o máis literalmente posible para achegar así unha información en canto á fala que resulta interesante.
Ao longo do texto aparecen vinte e dous oficios, a maioría deles xa desaparecidos, en proceso de extinción ou de transformación. Os testemuños daquelas persoas que os levaron a cabo axudan a ver claramente a trasformación sufrida pola sociedade do rural galego. Tamén se fala nesta obra das festas e das romarías, dos actos sociais e festas de familia. A miúdo todo está complementado con contos e cantigas populares. Deste xeito queda plasmada no texto non só a riqueza cultural e material, senón tamén a riqueza espiritual do pobo galego.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: