Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

Cabalo buligán, 13: Máis contos de animais, I

Editorial: Edicións Xerais de Galicia Ano de publicación: 2002. Lugar de publicación: Vigo ISBN: 84-8302-797-6 Autores: MIRANDA RUÍZ, Xosé, Reigosa, Antonio. Ilustracións: Xan LÓPEZ DOMÍNGUEZ Descripción: 69 páx; Il. en color. Colección: Cabalo buligán, 13. Contos: A guerra dos cans. Por que os cans se ulen uns ós outros. O lobo prefire a liberdade. O melro e a formiga. O ourizocacho. A araña. A cobra e o neno. Longa-longa e pende-pende. A cobra introdúcese no estómago do home. A serpe xigante. Debate entre os pés e a cabeza. O trigo e a liñaza. Febreiro e a vella. Marzo e o pastor, por Xosé Miranda. A única maña do gato. Caer, hanche caer. O primeiro en ver saír o sol. O lobo e a ovella pacedora. O raposo e o zoqueiro. O burro e o porco. O porco e a vaca. Vodas no ceo. O loro escarmentado. O corvo presumido. Consellos do gorrión ós fillos. A carriza. O carrizo e o carneiro. A carreira da lebre e a tartaruga, por Antonio Reigosa. A colección Cabalo buligán reúne nos seus 20 volumes 198 contos da nosa tradición oral, son as nosas historias, a nosa cultura. Cabalo buligán convida a contar e a escoitar un conto. Poñámonos con el a salvo dos perigos da vida, transformémonos en príncipes ou princesas, en torres que acobillan aos que están en apuros, tiremos do seu ramal, coa certeza de que cando sexa necesario nos prestará a súa montura áxil para bulir lixeiros polas corredoiras da imaxinación.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: