Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

A carón do lume

Título completo: A carón do lume. Cantigas, contos, lendas, oracións, refráns, romances, trabalinguas, xogos... Recolla de literatura popular dos alumnos do Real Seminario Santa Catalina de Mondoñedo.
Editorial: Citania de Publicacións S. L.
Ano de publicación: 1999.
Lugar de publicación: Lugo.
ISBN: 84-8231-979-5
Descripción: 199 páx.

Este libro -que tamén se chama “A carón do lume”- recolle toda a literatura popular publicada na revista AMENCER ó longo dos dezaoito anos de andaina. Aquí hai recollidas adiviñas, cando os animais falaban, cantigas, cantos de berce, contos, lendas, medicina popular, cantos do ciclo do Nadal, oracións, refráns, romances, trabalinguas, varia e xogos. Aparecen os lugares onde foi recollida esa literatura popular e o nome do alumno do Seminario Santa Catalina que fixo a recollida. Nalgúns casos esas mostras de literatura popular foron enviadas a AMENCER e, neste caso, aparece o nome da persoa que nolas mandou aínda que non fose alumno do Seminario. Noutros casos o recolector é o chamado Colectivo AMENCER, formado polos alumnos do Seminario mindoniense. Esa literatura foi recollida en paseos colectivos, excursións e saídas a parroquias.
[Do Limiar, por Félix Villares Mouteira]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: