Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

A cultura popular en Coristanco

Editorial: Xan X. FERNÁNDEZ CARRERA / Rosa Mª RIAL LEMA
Ano de publicación: 1997.
Lugar de publicación: Coristanco
Dep. legal: C-1166/1997
Autores: Xan X. FERNÁNDEZ CARRERA / Rosa Mª RIAL LEMA
Descripción: 254 páx.

Nos preto de vinte anos que levamos impartindo clase en Coristanco, unha das nosas maiores teimas foi sempre coñecer a fondo o entorno de procedencia dos nosos alumnos e alumnas, para deste xeito poder impartir un ensino o máis adaptado á súa propia realidade.
Tratamos de entroncar cada tema traballando na aula co mundo vivido por eles mesmos. Para iso foi preciso informarnos do medio que tiñan ó seu arredor, labor que fixemos moi a gusto, visitando cada un dos lugares de procedencia dos nenos e tamén a través da información que eles nos aportaban preguntándolles a familiares ou xentes da súa aldea.
Foi así como naceron moitos traballos de investigación sobre distintos temas relacionados co que podemos denominar cultura tradicional ou popular. Con todo este material recollido elaboráronse moitos traballos, algúns convertidos en pequenos libros que nós fomos gardando con agarimo como lembranza do esforzo de todos.
A nosa intención nun principio non era realizar ningunha publicación, senón que todo este material recollido cumplira unha función didáctica como así foi, é dicir que servira para a súa propia formación e que nun futuro souberan apreciar os coñecementos que lle aportaron os seus antepasados.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Buenos días,desearía saber si se podé haber un libro de A coltura cultura popular en Coristanco e como tengo que hacer gracias

Enviado por Xan x Fernandez Carrera o 11/01/2024 ás 11:43:43


Enviar comentario a este artigo: