Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

Manuel Leiras Pulpeiro (1854 -1912). O poeta e o cidadán ao cabo dun século

Publícanse as actas que recollen as intervencións nas Xornadas arredor de Leiras Pulpeiro (1854-1912). O poeta e o cidadán ao cabo dun século que tiveron lugar en Mondoñedo entre os días 9 e 11 de novembro de 2012 con motivo do centenario do pasamento de tan ilustre mindoniense.

Aquelas xornadas e esta publicación, promovidas ambas polo concello de Mondoñedo, a área de Cultura e a vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, contribuirán decisivamente a recuperar e dar a coñecer a obra e o pensamento, actual e necesario, deste home sabio, valente e, probablemente, irrepetible. Un  “médico dos pobres”  republicano federalista, laicista e filántropo, defensor da lingua, estudoso das tradicións, belixerante cos poderosos.

A edición destas actas foi coordinada por Xe Freyre e Abel Vigo García, edita o Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo  e dá luz a traballos asinados por Xe Freyre, Andrés García Doural, Xosé Manuel González Reboredo, Antón X. Meilán, Isabel Morán, Camiño Noia, Antonio Reigosa, Ramón Reimunde, Armando Requeixo, Alicia Tella-Villamarín e Xosé Ramón Veiga.

Algúns dos traballos publicados (vésaxe índice) xiran arredor da produción de carácter etnográfico e antropolóxico de Leiras, aínda que se podería afirmar con absoluta rotundidade que todo o que fixo reflicte a súa profunda preocupación polo ser humano, considerando todos os aspectos posibles.

Documentación complementaria:

»Polos camiños de Leiras (Vídeo montaxe de Matías Nicieza)

Manuel Leiras Pulpeiro (1854 -1912). O poeta e o cidadán ao cabo dun século (Índice)


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: