Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Morreu o demo, acabouse a peseta

Un libro e un DVD co título Morreu o demo, acabouse a peseta, en alusión á frase coa que remataban as función de monifates protagonizadas por Barriga Verde, veñen de ser magníficamente editados neste ano 2013 por Urco Editora, coa produción de Tintimán audiovisual e a realización da Asociación Cultural Morreu o Demo.
O libro conta con textos de Comba Campoy, Germám Hermida, Xaime Iglesias, Marcelo Martínez, Pedro Solla e Toni Rumbau, e con ilustracións de Heitor Real. O documental (con versións en galego, castelán, portugués, checo, francés, inglés e italiano) foi dirixido por Pedro Solla e contou cunha axuda á produción da AGADIC e a participación da TVG S.A.
Barriga Verde, ademais de ser o nome do principal personaxe do teatro popular galego de títeres no século XX, evoca a un tempo unha forma de cultura (con parentela no ámbito europeo con personaxes como Punch, Pollichinella, Guignol ou Kaspar), e a un artista chamado José Silvent, que foi quen, en realidade, fixo de Barriga Verde o personaxe que moitas xeneracións de galegos e galegas lembramos.
Constitúe esta publicación, libro e DVD, unha magnífica oportunidade para rememorar nas nosas casas cos máis vellos da familia aquela barraca que andou de feira en feira por Galicia adiante ata a década dos sesenta do século XX, e, ao tempo, asenta un dos primeiros pasos para a difusión e recuperación do títere tradicional galego que vén promovendo desde hai un tempo a Asociación Cultural Morreu o Demo.
__________
+ info na páxina web da Asociación Morreu o demo.

© Galicia Encantada
_____________________________



Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: