Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

Cruceiros do Concello de Vilalba

Título: Cruceiros do Concello de Vilalba.
Editorial: Instituto de Estudios Chairegos. Vilalba.
Ano de publicación: 2011.
ISBN: 978-84–936797–9-8 .
Depósito Legal: LU–31–2012
Autores: ARRIBAS ARIAS, Fernando / BLANCO PRADO, José Manuel / SAAVEDRA PÉREZ, Mario /
Deseño e maquetación: Arturo Gómez Mato.
Asesor lingüístico: Xabier Rodríguez Barrio.
Debuxo e mapas: José Cancio Fernández
Fotos: Fernando Arribas Arias.


Resumo:

De todos os concellos da Terra Chá que levamos estudado, é o de Vilalba o que ofrece un maior número de cruceiros: cento sesenta e tres. A grandes trazos podemos diferenciar dous grandes grupos: os lisos, nos que os únicos motivos ornamentais se reducen a simples molduras no capitel, e os figurados que, ademais de ter efixies na cruz, presentan o fuste e o capitel decorados con diversos motivos, entre os que predominan os símbolos da paixón e as volutas e querubíns. Dentro deste último grupo chaman especialmente a atención os cruceiros realizados polos Carboeira, familia de canteiros localizada na parroquia vilalbesa de Román. Da man desta dinastía son dous os mellores cruceiros desta comarca: o de Lanzán (Tardade) e dos Carboeira (Román), excepcionais obras da nosa arte popular.
O cruceiro con data máis antiga, que atopamos, é o situado nas proximidades da igrexa de Boizán, xa que é do ano 1765. A esta mesma centuria pertence tamén o da igrexa de San Simón da Costa, realizado en 1793.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: