Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

Cruceiros, Cristos e Cruces de Muras

Título: Cruceiros, Cristos e Cruces de Muras.
Editorial: Instituto de Estudios Chairegos. Vilalba.
Ano de publicación: 2009
ISBN: 978-84–936797–3-6 .
Depósito Legal: LU– 324–09.
Autores: ARRIBAS ARIAS, Fernando / BLANCO PRADO, José Manuel / SAAVEDRA PÉREZ, Mario /
Deseño e maquetación: Arturo Gómez Mato.
Asesor lingüístico: Xabier Rodríguez Barrio.
Debuxo e mapas: José Cancio Fernández
Fotos: Fernando Arribas Arias.


Resumo:

Un total de 117 elementos arquitectónicos integran este novo catálogo, dedicado a Muras, concello incluído na Terra Chá en función da división comarcal de Galicia establecida no Decreto 65/1997 de 20 de febreiro.
Neste municipio atopamos vinte cruceiros dos que o máis antigo de data coñecida é o de Samil, do ano 1882. Da mesma centuria é o situado diante da igrexa de Muras (1892) e, probablemente o do Parque, o do Carballal e o do Vilar que, xunto co do adro da igrexa de Viveiró, constitúen os exemplos máis salientables.
As cruces son máis numerosas, localizando un total de noventa e catro. Hainas altas e baixas, de granito, xisto, madeira, e mesmo metálicas. Delas destacan tres do século XVIII. A de Vilariño de 1787-; a do Cristo de 1797 ; e a de Astante de 1798.
Con respecto aos cristos, Muras conta con tres exemplos, sendo o máis interesante o do Burgo, a pesar de que efixie do Redentor encontrase moi erosionada.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: