Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

Catálogo de cruceiros da Terra Chá. Cruceiros, Cristos Cruces e Esmoleiros de Abadín

Título: Catálogo de cruceiros da Terra Chá. Cruceiros, Cristos Cruces e Esmoleiros de Abadín.
Editorial: O Castro, Sada, A Coruña.
Ano de publicación: 2007
ISBN: 978-84–8485–254–4.
Depósito Legal: C– 489–2007.
Autores: ARRIBAS ARIAS, Fernando / BLANCO PRADO, José Manuel / SAAVEDRA PÉREZ, Mario /
Cuberta: X. Vizoso.
Asesor lingüístico: Xabier Rodríguez Barrio.
Debuxo e mapas: José Cancio Fernández
Fotos: Fernando Arribas Arias.


Resumo.

Un total de 167 elementos arquitectónicos integran este novo catálogo, dedicado a Abadín, que pon de manifesto unha faceta da riqueza etnográfica deste municipio.
Case todos os cruceiros deste concello son dos séculos XIX e XX, se ben tres deles pertencen ao XVIII. Trátase do cruceiro dos Prados e do Paxariño – os dous na parroquia de Fanoi – datados respectivamente en 1797 e 1783, se ben o máis antigo é o da Fonte da Nosa Señora (Montouto), obra do ano 1750.
De 1841 é o que denominamos Cristo da Horta de Lamas (Abeledo) e que constitúe o cristo máis antigo dos que posúen data.
As cruces coa súa data de construcción son abundantes neste municipio o que nos permite establecer paralelismo con outras semellantes e das que descoñecemos este dato. En Labrada atopamos a máis antiga de todas elas: a Cruz dos Veiguellos, realizada en 1826, centuria á que pertencen a maioría dos cruceiros existentes neste concello.
Nesta entrega reseñamos tamén tres esmoleiros xa que, ademais de estar coroados por cruces, son os únicos exemplos deste tipo de construccións populares existentes neste municipio chairego.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: