Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

Maleficios corporales



    Acabo de ler este libro, un agasallo que moito lle agradezo ao seu autor, o profesor da Universidad de Castilla-La Mancha, Gerardo Fernández Juárez.

Maleficios corporales. Posesión, hechicería y chamanismo en España y América (Siglos XVI-XXI)”, publicado pola editorial Abya-Yala, é un compendio moi entretido e documentado arredor de todas esas substancias e apócemas que unha vez introducidas no corpo por medio dos rituais dos feiteceiros causan o que coñecemos como posesión diabólica e outros estragos.
Un amplo repaso aos tratados de maxia, demonoloxía e bruxería, aos posuídos, energúmenos e espiritados, conxuros, ensalmos e oracións, documentación valiosísima deste período histórico tanto na península como na América colonial.
Un ensaio rigoroso, apoiado en numerosos testemuños extraídos de procesos inquisitoriais e das extirpacións de idolatrías en América, que nos permite entender mellor moitos relatos referidos a persoas que aínda hoxe en día cren padecer os efectos destes ou parecidos “maleficios” e que acoden, contribuíndo con xenerosidade ao mantemento económico e á popularidade mediática de grandes santuarios galegos e do resto do mundo especializados en exorcizar meigallos e posesións diabólicas.
Unha oportunidade que nos brinda o autor para entender certas manifestacións da nosa cultura popular, tantas veces menosprezadas por descoñemento, sen decatarnos de que os “inquisidores” foron, ao contrario do que dicían pretender, os grandes propagadores destas crenzas.
_____
+ INFO:► Reseña editorial


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: