Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

Monte do Seixo. O santuario perdido dos celtas

Editorial: Serpe Bichoca.
Ano: 2008.
ISBN: 978-84-612-7649-3
Autor: Calros SOLLA.
Ilustracións: João Bieites, Mónica García, Francisco Sutil.
Fotografías: Rafael Quintía, Calros Solla, Francisco Sutil.

Neste novo libro verbo do Seixo (Pontevedra), un dos montes sagrados da prehistoria galega, reedítanse materiais xa traballados en Almanaque de encantos (2005) e Reivindicación da Montaña Máxica (2007), acompañados doutras novas descubertas (textos, debuxos, fotografías...). Todo isto enxalzado coa achega da color e a coidadísima maquetación enxeñada no obradoiro Trisquelia de Pontevedra. Para a presente edición, engádese un mapa cos oito roteiros deseñados para a "Montaña Máxica" e as súas trinta estacións míticas, útil complemento para os centos de confrades do monte do Seixo: para aqueles que xa experimentaron o engado do seu prodixioso patrimonio material e inmaterial e para esoutros centos que fican pendentes de ascender ao privilexiado escenario, transformado en 2000 nun arrepiante parque eólICO.

MÁIS INFORMACIÓN....


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: