Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

Os dous irmáns e outros contos populares do Antigo Exipto

Autor: Antonio Reigosa.
Edita: Edicións Morgante, 2008.
ISBN: 978-84-936460-0-4
Ilustracións: Saúl Blanco
__________
Coas versións dos cinco contos que aquí ofrecemos pretendemos un achegamento ao imaxinario popular do Antigo Exipto. Todos eles teñen en común esa orixe de raigame popular. Son relatos de intriga e de aventura, de maxia e de persuasión, que tratan do fado ou do destino, de viaxes marabillosas protagonizados por xentes do común pero tamén por magos coma Senorisis, por heroes, por faraóns e deuses coma Anubis ou Osiris. Non faltan os obxectos máxicos, as plantas fabulosas, as transformacións e os encantamentos aglaiantes, o misterio, o enigma ou as situacións sorprendentes que en moitos casos semellan ser a orixe, o berce, de motivos semellantes aos que aparecen nos relatos populares que aínda hoxe se difunden de boca a orella no noso mundo occidental. Do Antigo Éxipto ata hoxe cóntanse moitos centos, e ata milleiros, de anos pero as almas dos exipcios de antano e as nosas siguen nutríndose con ese manxar exquisito que entón e agora chamamos fantasía.
Para os máis curiosos ofrécense ao final dos textos unhas notas sobre a orixe e a historia de cada un dos contos, así como un breve glosario con comentarios sobre os obxectos, os lugares ou os personaxes que os protagonizan.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: