Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

Cruceiros, Cristos, Cruces e Esmoleiros de Abadín

Título: Catálogo de cruceiros da Terra Chá. Cruceiros, Cristos, Cruces e Esmoleiros de Abadín.
Editorial: O Castro, Sada, A Coruña.
Ano de publicación: 2007.
ISBN: 978-84–8485–254–4.
Depósito Legal: C –489–2007.
Autores: ARRIBAS ARIAS, Fernando / BLANCO PRADO, José Manuel /SAAVEDRA PÉREZ, Mario.
Cuberta: X. Vizoso.
Asesor lingüístico: Xabier Rodríguez Barrio.
Debuxo e mapas: José Cancio Fernández.
Fotos: Fernando Arribas Arias.

Este novo traballo adicado a inventariar e catalogar os cruceiros, cristos e cruces de Abadín esta estructurado en catro partes. Na primeira faise unha descrición dos 167 elementos artísticos atopados no municipio. Na segunda faise alusión aos principais trazos tipolóxicos de todos eles. Na terceira faise referencia aos cruceiros, cristos e cruces desaparecidos. Finalmente na cuarta inclúese unha ampla bibliografía sobre estas construccións populares.
Os cruceiros, case todos dos séculos XIX e XX, - agás algúns do XVIII- posúen os mesmos trazos que a maioría dos existentes noutros concellos chairegos.
Con respecto aos cristos é mester facer alusión pola súa antigüidade ao Cristo da Horta de Lamas (Abeledo), e polo seu carácter afectivo ao Cristo do Cuco (Fraiás).
En canto ás cruces convén mencionar a Cruz dos Veiguellos, construída en 1826, centuria na que se realizaron a meirande parte dos existentes neste concello.
Como remate, faise mención a que unha vez redactado o libro os autores comprobaron como a Cruz do Maxín (Abeledo) desaparecera e, tamén, o deterioro do que quedaba do Cruceiro da Ribela (Moncelos). Polo tanto, é mester levar a cabo canto antes inventarios e catálogos destas construccións populares para a súa salvagarda e protección.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: