Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Morte

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O lobishome do Incio

Nunha aldea no cimo dunha montaña, vivían persoas que lle tiñan moito medo ós lobos. Os lobos atacaban ás persoas pola noite e entón as persoas, en canto se poñia o sol, facían fogueiras para espantalos. Aínda así unha rapaza foi atacada por un, pero o seu cuñado chegou a tempo e pegoulle un tiro o lobo.
Un día a irmá da rapaza xunto cunha sobriña e o cuñado, o que matara o lobo, decidiron marchar a Santander e polo camiño o cuñado comeu a irmá e maila sobriña.
O asasino marchou e os restos dos cadáveres quedaron alí.
Cando os descubriron déronse conta de que os lobos non eran os que mataban as persoas senón que era aquel vendedor ambulante que namoraba as mulleres e logo comíaas como se fose un lobo.

Recompiladora: Paula Álvarez García, Alumna de 3º de ESO no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Lugo), curso 2005-2006.
Informante: Jesús (63 anos).
Lugar e data de recollida: Val do Incio, O Incio (Lugo), maio de 2006.
Lugar da lenda: O Incio (Lugo).


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: