Actualizado en data 22/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Morte

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Compaña na Cruz de Pedra

Ilustración de X. Manuel Segade Rivas

Cando os habitantes do Campo, unha pequena aldea das Grañas do Sor, en Ortigueira (A Coruña), ían ou volvían de xogar ás cartas pola noite, moitos afirmaban ver todalas noites a chamada "Santa Compaña"; espíritos, almas e cousas así.
E, un día, un habitante que non cría todas esas visións dos demais, burlouse deles. E cando volvía de xogar ás cartas e pasaba pola chamada Cruz de Pedra unha estraña forza arrastrouno e rompeulle toda a roupa, e encheuno de barro e terra.

[Remitido por Michael Juan Sierra, de Guísamo, Bergondo (A Coruña]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Que ben acaba!!! As historias sobre a C que eu coñezo non son tan "amables", normalmente, aqueles que a miran soen morrer, aquí levou o "descreído" un baño de barro (tan caro se se fai nun balneario...). Saúdos

Enviado por m o 15/10/2008 ás 21:59:31


Esta moi ben a paxina e as historias, a verdade é que viñen aqui por un traballo pero estanme gustando as historias

Enviado por maria o 13/12/2009 ás 19:07:12


Este texto e moi bonito xa que me gustan moito os de medo. E un dos tipos de libros que mais me gustan

Enviado por vero o 26/11/2007 ás 15:40:47


É moi fracioso ao final. Só viñen aquí por un traballo pero estame a gustar estas lendas. Saúdos e que disfrutedes das lecturas.

Enviado por Lucía Parga Basanta 13 anos o 11/11/2008 ás 19:21:08


Enviar comentario a este artigo: