Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A vella queimada en Triabá

O frío inverno congregaba na lareira a familias enteiras e algúns deles poñíanse a contar lendas coma esta: »Non se sabe se é certo ou non, pero dise que hai moitos anos, alí cerca de Triabá, Castro de Rei (Lugo), vivía unha vella que era mala coma unha meiga. Un día, tres homes do pobo decidiron darlle unha boa malleira. Os tres homes foron á casa da vella, cada un co seu pau. Entraron na casa e alí encontráronse coa vella e déronlle unha malleira de morte. A vella, antes de morrer, botoulle unha maldición a un deles. Os homes, por medo a que os descubrisen, foron a un forno que había alí cerca e queimárona. O home, ó que lle botara a maldición a vella, foi un tempo ó cárcere e cando voltou encontrouse coa vella que regresara do inferno para levalo a el. Unha vez xunto do home arrancoulle o ril e comeuno, e o mesmo fixo, días despois, co fígado, páncreas, pulmóns... Aquel home apareceu morto dun golpe na cabeza; os médicos que o atenderon e lle fixeron a autopsia sabían que non morrera diso, pero non se atreveron a decilo, pois estaba baleiro por dentro. A vella cumprira a maldición» [Recollido por José Antonio Valiña Alonso a Dolores González Castro]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: