Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Morte

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Sobre a desparecida cruz que había en Valiña de Freire

Á entrada do lugar de Valiña de Freire, parroquia de Romariz, concello de Abadín (Lugo) había unha cruz que xa non hai, e hai unas casas ás que aínda agora, ano 2017, non chegou a luz eléctrica. Hai familias que crian e atenden alí o seu gando pero van pasar a noite a outra casa da capital do concello onde si se ofrece este servizo.

Da cruz que había e xa non hai (parece que foi unha máquina padexadora quen a levou por diante cando ancheou o vello e estreito camiño para facer a pista actual) sabemos por Eduardo Lence Santar. Cóntao no artigo “Una montería en Toxoso” publicado na revista  Vida Gallega, números 234 e 235, ano 1923.

Di o vello cronista:

“Valiña de Freire es una pequeña aldea de cuatro o cinco casas. A la salida a la izquierda, existe un pequeño crucero de piedra tosca. ¿Que conmemora este crucero? La muerte dada por los lobos a un pobre montañés.

Nadie recuerda el suceso, pues hace muchos años que ocurrió. Dicen los labriegos que, como el muerto era cristiano , desde entonces se ven en el suelo manchas de sangra, notándose mucho cuando llueve.

—Alí están, nos dijo un anciano del lugar señalando el suelo.

Miramos y remiramos; pero nosotros, al menos yo, no hemos visto mancha alguna.

Sin embargo, Faer y su hijo afirmaban rotundamente que ellos las vieron y que siempre las vieran cuando por allí pasaban”.

Manuel Cortiñas, home nacido no veciño lugar de Estelo, parroquia dos Remedios de Mondoñedo, nunha entrevista gravada por Fran Bouso, di que ele sempre oiu que a cruz se puxo porque un lobo matou alí unha costureira. Que viña de coser, que traía unha pícara canda ela e que a comera o lobo. Comeuna só a ela; a pícara quedou sentada no valado e salvouse.

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: