Actualizado en data 15/12/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A fundación da Colexiata de Sar

Entre as fantásticas orixes da Colexiata de Santa María de Sar de Compostela dise que foi casa de Templarios, que morrerían mártires a finais do século XIII ou principios do XIV.

Outra tradición di, en cambio, que a construción se debe a un bispo de Mondoñedo, que lle ofreceu a obra ao apóstolo Santiago por telo librado milagrosamente da morte. Parece que este bispo foi perseguido e despenado no Pico Sacro sen que, por intercesión do apóstolo, lle sucedese nada.

Esta información, xunto coa imaxe, tirámola de “Semanario pintoresco español”, nº 3, publicado o 16 de xaneiro de 1853, dun artigo asinado por J. R. Figueroa.

Pablo Pérez Constanti  identifica o bispo mindoniense cun enimágtico don  Mencio, quen daría comezo as obras en 1133. O máis seguro, como afirma Enrique Cal Pardo no “Episcopologio mindoniese” é que na fundación desta colexiata tivese unha influencia decisiva o bispo (este real) Nuño Alfonso e que rexeu a diocese mindoniense con sede en Ribadeo entre 1112 e 1136.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: