Actualizado en data 11/10/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

CATEGORÍAS RELACIONADAS

ARDE LUDUS (O xogo do Lugo Romano)

   XOGO EDUCATIVO

   Un entretemento para todas as idades, unha mestura de sabedoría e azar     para gozar e aprender descubrindo os segredos do pasado romano de Lucus   Augusti e de toda a Gallaecia!  Divertido, entretido, didáctico, diferente a       todos os xogos que coñeces.

Recomendado para adultos, para familias, nos centros de ensino e, en xeral, a partir dos 12 anos.

BREVE DESCRICIÓN

Xogo de mesa que mestura probas de coñecemento sobre o Imperio Romano, maioritariamente relacionadas coa antiga cidade de Lucus Augusti (actual Lugo) con un xogo de azar.

O taboleiro contén 63 casas ilustradas con imaxes de obxectos, lugares, edificios, museos e outros elementos representativos do pasado histórico romano da cidade de Lugo e, en xeral, da romanización do noroeste peninsular.

Gaña o xogo quen, seguindo as regras establecidas, consigue chegar en primeiro lugar á casa final, a ilustrada coa figura de Minerva, deusa romana da sabedoría.

ELEMENTOS

Caixa que contén:

Taboleiro de 50 x 50 cm.

Mazo de cartas con máis de 300 preguntas de temática relacionada co mundo romano

6 peóns de diferente cor

1 dado

PREGUNTAS (algúns exemplos)

-Os romanos lavaban os dentes con ouriños e os mexos máis cotizados eran precisamente os procedentes de …

HISPANIA               CARTAGO         GALLAECIA

-Os romanos calvos pintaban a calva ou usaban perrucas, que en latín da época se  chamaban …

CUBRECALVAS         CAPILAMENTUM      CASPORUM

-Os romanos cando se bicaban nas meixelas dicían que daban un  …

CARIÑO         ÓSCULO      MORREO

-Un miliario era un esteo de pedra que se poñía nas vías romanas cada …

MIL METROS         MIL PASOS      MIL PÉS

RELACIÓN DE ILUSTRACIÓNS QUE CONTÉN O TABOLEIRO DE XOGO

  1. Ponte Vella
  2. Calzada
  3. Porta Miñá
  4. Piscina da Praza de Sta. María
  5. Biga
  6. MIHL (Museo Inter. Hist. Lugo)
  7. Arado romano
  8. Homes romanos
  9. Porta de Santiago
  10. Catapulta
  11. León (mosaico de Batitales)
  12. Piscina ritual de San Roque
  13. Estandartes romanos
  14. Casco (escultura na Praza de Ferrol)
  15. Porta de Bispo Aguirre
  16. Vaca do mosaico de Dédalo e Pasífae
  17. Tuba
  18. Cadea
  19. Escudo Legio Gemina VII  
  20. Mulleres romanas
  21. Porta do Campo Castelo
  22. Sala de Exposicións Porta Miñá
  23. Paulo Fabio Máximo e César Augusto (fundadores de Lucus Augusti)
  24. Vello Cárcere
  25. Casco de soldado romano
  26. A Mosqueira (Muralla romana de Lugo)
  27. Porta  de San Pedro
  28. Caetra (escudo de soldado indíxena)
  29. Acueduto
  30. Campo da Forca
  31. Ánforas
  32. Moeda Arde Lucus
  33. Porta  da Estación
  34. Museo Provincial de Lugo
  35. Océanos (mosaico de Batitales)
  36. Casa romana
  37. Termas romanas
  38. Formación militar
  39. Calzado romano
  40. Porta Falsa
  41. Tabernae
  42. Centro de Interpr.  Camiño Primitivo
  43. Campamento romano
  44. Ludus (xogo)
  45. Tabula hospitalis (Pacto de hospitalidade)
  46. Porta de San Fernando
  47. Pugio (daga)
  48. Casa dos Mosaicos
  49. Gladiadores
  50. Labirinto
  51. Statera romana (instrumento para pesar)
  52. Porta Nova
  53. Altar de Mitra
  54. Acceso interior da muralla
  55. Centro de Interpret. da Muralla
  56. Teserae (dados)
  57. Crismón de Quiroga
  58. A Morte
  59. Aguia (Praza de Santo Domingo)
  60. Porta do Hospital
  61. Santuario de Santalla de Bóveda
  62. Lectica (Litera)
  63. Minerva

RESPONSABLES

Deseño: Suso Barral / tfno.: 687 75 73 12 / info@degalicia.es

Documentación: Antonio Reigosa

Promoción: Gonzalo Abuín (2xmil Soluciones S. L.)

Fabricación e distribución: Junor S. L.

Contacto comercial: Gonzalo Abuín / tfno.: 982 81 92 66 / info@2xmil.com

                                      Junor S. L. / tfno.:  982 523 043 / junor@junor.es

Contacto prensa: Antonio Reigosa / tfno.: 655 43 25 11 / reigosa@mundo-r.com

http://xogoseducativos.com

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: