Galicia Encantada

· AUTOR-COORDINADOR (+ info)
· HISTORIAS CON HISTORIA
· BIBLIOTECA
· ÁREA RE-CREATIVA
· COLABORADORES
· DICIONARIO
· DIDÁCTICA DA FANTASÍA
· FLOR DE MESTRES
· MEDIATECA
· O QUE SE DI
· OUTRAS FANTASÍAS
· PREMIOS
· REVISTA
· RUTAS ENCANTADAS
· NOVAS / INICIATIVAS
· TESOUROS
· A Morte
· Andel de Marabillas
· Astroloxía/Metereoloxía
· Augas
· Calendario
· Cocos, monstros
· Contos da tradición oral de Galicia
· Edificios encantados
· Fauna
· Flora
· Galicia desaparecida
· Heroes
· Historias encantadas
· Lendas urbanas
· Literatura oral
· Lume
· Medicina
· Mitoloxía relixiosa
· O alén
· O demo
· Pedras
· Polafías
· Publicacións
· Ritos, Obxectos..
· Sabía que...
· Santiago e a peregrinaxe
· Seres míticos
· Toponimia
· Webs encantadas
· Xeografía mítica
· Xogos


Segredos do Pazo de San Isidro de Mondoñedo

O Pazo de San Isidro está no Couto, sobre un outeiro, ás aforas de Mondoñedo, non moi lonxe da Ponte do Pasatempo. Naquel lugar houbo unha torre medieval e no s. XVII un convento das monxas concepcionistas que o abandonarían no s. XVIII. A propiedade pasa por varias mans ata que en 1999 é mercada por José de Orozco y Sánchez-Aguilera e pola súa dona, Simoneta Dondi, que acometen obras de restauración. Na actualidade, consolidada a conservación das tres plantas do edificio, do patio interior e da capela anexa, dedícase a actividades culturais.

A serpe con ás
Segundo o cronista e historiador mindoniense E. Lence-Santar, no pombeiro do Pazo de San Isidro hai unha cobra alada. Ás cobras cando envellecen nácenlles ás e disque voan seguindo o curso dos ríos ata o mar, e desde alí poñen rumbo a Babilonia, e van dicindo: Para Babilonia vou, malia quen me veu de nova e non me matou. A cobra alada aínda non é dragón pero aseméllase, e a sombra que deita cando voa é moi perigosa. As ás semellan de coiro, con cadros verdes e amarelos, moi feitas.

Cairo, o guineano que morreu de frío
O noso amigo Andrés García Doural, discípulo avantaxado da insaciable curiosidade de Lence-Santar, descubriunos hai poucas datas (http://www.blogoteca.com/doural) a identidade dun home negro que morreu no Pazo de San Isidro aló polo s. XVIII. Xa se sabía por tradición que este guineano de raza negra chegara a Mondoñedo, procedente de Ferrol, logo de ser escravizado por ingleses. As autoridades, non sabendo que facer con el, mandárono, primeiro bautizar e logo ao Pazo de San Isidro. Dise que as monxas o tiveron encadeado, ben nunha mazmorra ou á intemperie, preso ás escaleiras que comunican a horta co patio. Mal alimentado e peor vestido, morrería de fame e frío, non moito despois do 29 de abril de 1780, data na que “pidió el Santo Bautismo” na parroquial de Santiago. Dixo chamarse Cairo pero puxéronlle Josef; andaba nos 23 anos.

A Nao Mai
O pazo é unha das sedes estables da Asociación A Nao Mai, unha espazo cultural que promove a creatividade, unha nao cangada de soños e utopías comandada por Arturo Pérez e Ton Arenas; un bálsamo que alivia as carencias culturais (http://anaomai.blogspot.com)

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Fauna
Seres míticos
Xeografía mítica

Enviar comentario a este artigo:
Texto:
Autor:


Copia no cadro os seguintes números*:

* Este é un sistema de filtro anti-spam instalado para evitar que o buzón de contacto se encha de mensaxes de publicidade non desexada enviados automaticamente por programas de spam. Serve para comprobar que o que escribe é unha persoa e non un programa.


Coordinador de contidos: Antonio Reigosa
Coordinador técnico: Manuel Fernández Prado (Lugonet)
Diseño web de Lugonet