
| A un rapaz do Tío Carlos de Pradocabalos, concello de Viana do Bolo (Ourense), comeuno o Lobo da Xente un día que o mandaron a Cereixedos polas vacas. Era inverno, chuviñaba e nevaba. As vacas chegaron á casa, e tamén unha borrica pequena, pero o rapaz non apareceu. Cando o foron buscar xa viron por onde o arrastrara, no lugar da Fraga Grande. Deixáralle o brazo dereito e algunha parte máis do corpo. Hoxe hai unas cruces onde o lobo comeu o neno. Crese que foi o Lobo da Xente, e que desde aquela ía petarlle na porta da casa todas as noites ao Tío Carlos. Dicíalle: —Carlos, Carlos, sae! E logo dicíalle que nunca comera unha carne tan saborosa coma a do seu fillo. O Tío collía a escopeta e saía disparado para pillalo. Corría tras del polo nabal, pero nunca o deu collido. + info sobre o “Lobo da xente” |
|
BIBLIOGRAFÍA |
CATEGORÍAS RELACIONADAS |